venres, 8 de xaneiro de 2016

4.º de ESO. Unidade Didáctica e Actividade: ELEMENTOS DE DESEÑO








A roupa de cama corresponde ao deseño téxtil. A súa principal funcionalidade consiste en contribuir a proporcionar as persoas un descanso en boas condicións. Para esto inflúen cuestións como a textura (maís ou menos suaves, agradable ao contacto coa pel) as súas condicións térmicas (que axuden a conservar a calor producida polo corpo), o tamaño (adaptado ao da cama) a cor e presenza de complementos meramente decotativos (posible combinación con outros elementos propios do cuarto ou o gusto persoal). O material, neste caso téxtil natural, sintético ou mestura,  ademáis debe ter unha resistencia e durabilidade.

É un sinal que pertence ao ámbito do deseño de comunicación visual. Nos sinais de tráfico a cor azul indica advertencia, actuando así a cor como elemento de sinalización. O elemento de sinalización pública busca incidir coa máxima forza e rapidez, así coma sen lugar a dobre interpretación, na percepción das persoas, polo que é claro e directo. Para esto reúne dúas condicións fundamentais: é esquemático e descritivo ao mesmo tempo, e componse de siluetas contrastadas co fondo


A cadeira e un obxecto que pertence ao deseño industrial. No seu deseño a ergonomía é fundamental. As dimensións e forma das distintas partes deben gardar relación coas do corpo humano. O material, neste caso a madeira, debe ter unha resistencia mecánica axeitada a función e unha textura visual e táctil agradables, vencelladas estas últimas á compoñente estética.  A rendibilidade ven dada por factores como o carácter de fabricación artesanal ou en serie, pola calidade da madeira empregada así como a da solución das unións e acabado.



Unha camisa corresponde ao deseño de moda. O seu deseño terá en conta a ergonomía na relación coa forma e tamaño dunha parte do corpo. A estética vai parella ao concepto de moda, entendida esta coma o reflexo dos gustos ou apetencias maioritarios dun consumidor potencial ao que vai dirixido o produto nunha época e sociedade determinadas. As teas aquí deben ter resistencia, durabilidade e tamén aportan cualidades coma o manter a calor do corpo e unha   textura agradable ao contacto coa pel.


Un vivenda unifamiliar é un deseño arquitectónico. Aquí a correspondencia entre aspectos técnicos e materiais debe ser tida especialmente en conta xa que a súa atinada escolla e combinación debe, ao tempo que responder a unha intención ou gustos determinados, ser capaces de cumplir or requerimentos de resistencia mecánica, durabilidade, facilidade de mantemento, impermeabilización e illamentos térmico e acústico. Loxicamente ao ser o home o destinatario final tamén a ergonomía deberá ser tida en conta no deseño de formas e no tamaño dos distintos elementos.