luns, 6 de xuño de 2016

Exposición de pintura no IES do Camiño 2016

Un ano máis, temos no instituto unha exposición na que podemos gozar das obras feitas por alumnos de distintos niveis no taller impartido pola profesora Blanca Vaquero durante o presente curso 2015-1016.

O TIGRETÓN
 Leticia Cagide Rivas

O GRAN BODEGÓN
Marcos Gavieiro Rodriguez

FANTASÍA EN LA CAFETERÍA
Andrea López Pallas

 O PERIGO NA ESCURIDADE
Lucía Oro Vázquez


AS FERVENZAS DE TOQUES
Héctor Orozco López


A SABANA DORADA
Celia Penelo Lodos

martes, 29 de marzo de 2016

Traballos alumnos de 3º ESO. Curso 2015-2016. Unidade didáctica: A COR. Actividade: INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO



Igrexa de San Salvador de Vilar de Donas (Palas de Rei) - Candela López Santiso
Capela de San Roque (Melide) - Adrián Parada Regueira

Igrexa de San Mamede do Carballal (Palas de Rei) - María Freire Fernández
Igrexa de San Martiño de Ferreira de Negral (Palas de Rei) - Jaime Rivas Rigueira

Igrexa de San Miguel de Coence (Palas de Rei) - Estela Vizcaíno Regulfe



venres, 8 de xaneiro de 2016

4.º de ESO. Unidade Didáctica e Actividade: ELEMENTOS DE DESEÑO








A roupa de cama corresponde ao deseño téxtil. A súa principal funcionalidade consiste en contribuir a proporcionar as persoas un descanso en boas condicións. Para esto inflúen cuestións como a textura (maís ou menos suaves, agradable ao contacto coa pel) as súas condicións térmicas (que axuden a conservar a calor producida polo corpo), o tamaño (adaptado ao da cama) a cor e presenza de complementos meramente decotativos (posible combinación con outros elementos propios do cuarto ou o gusto persoal). O material, neste caso téxtil natural, sintético ou mestura,  ademáis debe ter unha resistencia e durabilidade.

É un sinal que pertence ao ámbito do deseño de comunicación visual. Nos sinais de tráfico a cor azul indica advertencia, actuando así a cor como elemento de sinalización. O elemento de sinalización pública busca incidir coa máxima forza e rapidez, así coma sen lugar a dobre interpretación, na percepción das persoas, polo que é claro e directo. Para esto reúne dúas condicións fundamentais: é esquemático e descritivo ao mesmo tempo, e componse de siluetas contrastadas co fondo


A cadeira e un obxecto que pertence ao deseño industrial. No seu deseño a ergonomía é fundamental. As dimensións e forma das distintas partes deben gardar relación coas do corpo humano. O material, neste caso a madeira, debe ter unha resistencia mecánica axeitada a función e unha textura visual e táctil agradables, vencelladas estas últimas á compoñente estética.  A rendibilidade ven dada por factores como o carácter de fabricación artesanal ou en serie, pola calidade da madeira empregada así como a da solución das unións e acabado.



Unha camisa corresponde ao deseño de moda. O seu deseño terá en conta a ergonomía na relación coa forma e tamaño dunha parte do corpo. A estética vai parella ao concepto de moda, entendida esta coma o reflexo dos gustos ou apetencias maioritarios dun consumidor potencial ao que vai dirixido o produto nunha época e sociedade determinadas. As teas aquí deben ter resistencia, durabilidade e tamén aportan cualidades coma o manter a calor do corpo e unha   textura agradable ao contacto coa pel.


Un vivenda unifamiliar é un deseño arquitectónico. Aquí a correspondencia entre aspectos técnicos e materiais debe ser tida especialmente en conta xa que a súa atinada escolla e combinación debe, ao tempo que responder a unha intención ou gustos determinados, ser capaces de cumplir or requerimentos de resistencia mecánica, durabilidade, facilidade de mantemento, impermeabilización e illamentos térmico e acústico. Loxicamente ao ser o home o destinatario final tamén a ergonomía deberá ser tida en conta no deseño de formas e no tamaño dos distintos elementos.