luns, 10 de novembro de 2014

3º de ESO. Unidade didáctica: FORMA E IMAXE. Actividade: ANÁLISE DE IMAXES




IMAXE PUBLICITARIA: CARTEL “AS SAN LUCAS”


Trátase dun cartel que anuncia as festas de “As San Lucas” en Mondoñedo. Nel figuran o nome, lugar e datas de celebración en letras grandes. En letras pequenas algunha característica da festa e máis pequerrechas todavía os nomes das entidades patrocinadoras. Aparecen homes dacabalo levando un fato de cabalos pola rúa. Insertado no conxunto aparece un retrato do escritor mindoniense Alvaro Cunqueiro tamén na súa cabalgadura.

·         Formas pechadas: Homes nas monturas e letras xa que teñen perfís continuos e difinidos.
·         Calidades das formas principais: Letras co nome da festa grandes. Óvalo co personaxe de Cunqueiro grande e de fronte. Marcas de patrocinadores pequenas.
·         Formas simples: o óvalo e as letras xa que son fáciles de visualizar e memorizar; complexas: os homes e os cabalos.
·         Formas artificiais: as letras.
·         Formas xeométricas : o óvalo xa que a súa estrutura organízase segundo leis matemáticas; orgánicas: os homes  de configuración irregular.
·         Trátase de mensaxe visual analóxica xa que emprega imaxes pertencentes á realidade física.
·         Significados: o cartel exalta a importancia que tivo o cabalo como medio de transporte e auxiliar de traballo no campo, entre outros valores.
·         Linguaxe visual  publicitaria xa que informa dun evento.
·         Presenza de marca nos nomes e logos dos patrocinadores.